La Voz de Galicia

Atopan dúas novas mámoas en Outeiro e Begonte

Begonte

Suso Varela

Xa foron comunicados os achádegos á Xunta

21 May 2018. Actualizado a las 21:48 h.

Os investigadores Brais Rodríguez Romero e Xabier Moure acaban de comunicar á Xunta da aparición de dúas novas mámoas en Terra Chá. A primeira foi no monte Pioto, na parroquia de Uriz (Begonte). A súa localización foi posible porque o sitio, nas inmediacións do parque empresarial de Begonte-Rábade, foi limpado da maleza e os piñeiros que o cubrían, utilizando para iso maquinaria pesada. A segunda mámoa localizouse na parroquia de Martul (Outeiro), a uns 370 metros do enterramento de Pena Dereita e non moi lonxe da necrópole megalítica do Cordal de Acevedo.


Comentar