La Voz de Galicia

Música galega e feminina para celebrar en Begonte o Festival 27373

Begonte

Laura López Lugo / La Voz
Pepe Vaamonde actuará en Begonte

A cita, organizada por Castiñeiro Milenario, terá lugar o sábado 12

04 Aug 2023. Actualizado a las 09:44 h.

Sábado 12 • Club Fluvial de Begonte • A partir das 19.30 horas • 

A asociación cultural Castiñeiro Milenario de Begonte organiza unha nova edición do Festival 27373, que terá lugar o sábado 12. Trátase dun dos poucos festivais que se realizan cunha programación íntegra en galego, que apoia a grupos emerxentes e que conta con alomenos un grupo integrado maioritariamente ou liderado por mulleres.

 

O programa está dividido en dúas partes. Durante o día, faranse actividades dirixidas aos máis pequenos. Haberá unha sesión vermú ás 13.45 con música tradicional a cargo do cuarteto Seimeira e na que se poderá gozar en exclusiva das dúas cervexas oficiais do festival, unha colaboración entre Castiñeiro Milenario e Cervexa Artesá Aloumiña, de Lugo.

Pola tarde, a partir das cinco, haberá Aberto de Billarda, coa asociación O Varal, e ás seis, o Campionato de Serrador da Terra Chá. A partir das sete ofrecerá un espectáculo familiar o guitarrista Pakolas.

Pauliña actuará o dia 12BASILIO BELLO

Pola noite, a partir das 20.30, subirán ao escenario os artistas Pauliña, unha muller que fusiona rock, country e blues, cunha enérxica posta en escena; Pepe Vaamonde Grupo, un dos mellores gaiteiros do país; e Tecor Societário, co seu punk-folk.


Comentar