La Voz de Galicia

David Doral: «Aprendín vendo a meu avó traballar no taller»

Cervantes

maría guntín cervantes / la voz

Creou Artesanía Chavello hai catro anos e é o único artesán en San Román de Cervantes

26 Aug 2019. Actualizado a las 12:05 h.

O avó de David Doral García era o carpinteiro da comarca de Cervantes. Dende 2015, este rapaz de 30 anos decidiu continuar a súa labor. Creou Artesanía Chavello seguindo a tradición familiar, que se saltou unha xeración e pasou das mans de seu avó ás del. Chavello é o nome do seu traballo porque así era como se chamaba a que se criou e porque tamén era así como coñecían a seu avó en San Román. Agora mesmo dedícase en exclusiva ao seu traballo como artesán e a súa tamén é unha labor de reivindicación da comarca dos Ancares, así como a de loitar contra despoboación dalgunhas zonas de montaña nas que apenas queda xente nova que decida emprender unha labor no rural.

-Quen está á fronte de Artesanía Chavello?

-Estou eu só dende que a creei, no ano 2015. Eu creei a web e lévoa, ademais das redes o taller e a contabilidade. Ademais, fago envíos a toda España dos que tamén me encargo.

-De onde recibes encargos e quen te ensinou?

-Aprendín vendo a meu avó traballar no taller. Todo o mundo me dicía que me tiña que dedicar a isto porque se me daba moi ben. E aquí estou. Recibo encargos de Valencia, Murcia, Tarragona e incluso lle cheguei a facer unha peza a unha persoa de Venezuela. A páxina web é máis ben unha forma de contacto cos clientes que unha fonte de pedidos.

-A maioría das ventas son a través da web?

-Non. Eu formo parte dun programa de promoción da artesanía polo que vou a distintas feiras ó longo do ano e tamén fago demostracións. O que máis recibo son encargos ou xente que vén ata aquí pedirme algún traballo que se poida personalizar. É dicir, xente que lle quere regalar a outra algo especial, entón, acórdanse de min.

-Cóntenos o que fai.

-Fago dende pezas de ebanistería ata pallozas. Non fago mobles grandes porque aquí xa hai un carpinteiro. Ademais, aínda emprego diariamente a ferramenta que tiña o meu avó.

-Fai todo o traballo dende a casa?

-Si. Na casa está o taller, un pequeno museo e incluso o sitio no que imparto algún curso de vez en cando.

-Fáleme dunha das súas pezas máis especiais.

-Un botafumeiro de teixo que fixen para presentar aos Premios de Artesanía de Galicia o ano pasado. Está feito con torno e cunha madeira que custa conseguir.

-Como consegue a madeira para facer as súas pezas?

-Ás veces recólloa eu mesmo por aí e outras tráenma. Outras veces merco algunha porque me fai falla pero realmente, se a optimizo, non necesito facer moita inversión en material.

-Cal é o proceso para facer unha das pallozas?

-Todo se fai sobre unha peza, co torno. Primeiro faise o teito, hai que ligar a base e o teito son espigas malladas a man. Hai que pegar parte por parte e despois, poñer o musgo e tamén gravar as paredes.

-Qué é o máis difícil para un artesán?

-O máis complicado e chegar ao que queres facer. É dicir, unha vez que tes clara a idea, saber como podes chegar ata ela e vela rematada.

-De que son os cursos que imparte?

-En setembro vou dar un curso para o que xa se apuntaron cinco persoas. Durará ata xullo e será dous días por semana, unhas tres horas e media ou catro por día. Eu ensínolles o que queren aprender, sobre o que preguntan e teñen curiosidade.

«Ás veces recollo a madeira hai moitas formas de optimizar os materiais que utilizo»


Comentar