Eduard Velasco, gañador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro
Guitiriz
A obra premiada, «O filósofo coxo», foi elixida entre case medio cento de orixinais presentados
28 Feb 2017. Actualizado a las 12:54 h.
Eduard Velasco é o ganador da segunda edición do premio de poesía Díaz Castro, convocado polo Concello de Guitiriz. O xurado (formado polo poeta Miguel Anxo Fernán Velho, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo, coa alcaldesa, Regina Polín, como secretaria), escolleu a obra «O filósofo coxo» entre case medio cento de orixinais presentados ao certame.
A obra será publicada por Espiral Maior, que prevé tirala do prelo a comezos do mes de xullo. O premio foi creado polo Concello guitiricense como un xeito de lembrar a figura do poeta Xosé María Díaz Castro (1914-1990), e a decisión do xurado anúnciase o mais preto posible da data de nacemento do autor de «Nimbos», o 19 de febreiro.
O gañador deste ano naceu en Barcelona en 1982; pero ten unha ampla relación coa cultura galega: de feito foi tamén premiado noutros certames, como o Leiras Pulpeiro, que convoca o Concello de Mondoñedo para traballos de poesía.