La Voz de Galicia

O programa «Deseñando o teu futuro» clausura a súa sexta edición

Outeiro de Rei

LA VOZ LUGO
Clausura da sexta edicion Deseñando o teu futuro en Outeiro de Rei.

A última xornada incluíu unha visita ao vivero industrial do Concello de Outeiro de Rei

16 Sep 2020. Actualizado a las 20:26 h.

A iniciativa do Concello de Outeiro de Rei «Deseñando o teu futuro» pechou hoxe a súa sexta edición. Dezanove participantes con idades comprendidas entre 16 e 18 anos puideron achegarse ao ámbito socio-laboral con visitas a empresas do municipio.

A semana pasada, os rapaces visitaron durante cinco días as empresas escollidas entre as voluntarias. Este ano foron Área de Servicio 507, Avifauna, Carpintería Metálica Ben Alonso S.L, D10 Centro Deportivo, Fulgencio Casás Lombao, Garatuxa, Idea Almacén de Papelería S.L., Marcelle Natureza e Pan e Panadería Ousá.

A última xornada do programa incluíu unha visita ao viveiro industrial que o Concello ten no parque empresarial. Alí os participantes visitaron a empresa Mecanizados RG e participaron nun obradoiro de emprendemento xuvenil. A xornada rematou no Concello de Outeiro de Rei co recibimento do alcalde, José Pardo Lombao, e a entrega dun diploma acreditativo da súa participación no programa. 

 

 


Comentar