La Voz de Galicia

Outeiro de Rei, entre os concellos lucenses que participan no Programa Integrado de Emprego 2024/2025

Outeiro de Rei

CONTENIDO PATROCINADO

Un total de oito concellos da comarca contan con financiamento da Xunta de Galicia con fondos transferidos dos Servizo Público de Emprego Estatal para fomentar a ocupación dos cidadáns en situación de desemprego

06 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Outeiro de Rei, xunto cos Concellos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín e Mondoñedo, ten concedido o Programa Integrado de Emprego do Concello de Outeiro de Rei 2024/2025 dirixido a persoas desempregadas dentro dos seguintes colectivos: con discapacidade, en risco de exclusión social, vítimas de violencia de xénero e menores de 30 anos con cualificación.

Este programa promovido polo Concello de Outeiro de Rei, conta cun financiamento da Xunta de Galicia con fondos transferidos dos Servizo Público de Emprego Estatal de 220.000 euros.

As accións que se levarán a cabo durante o programa, entre outras, son as seguintes: información, orientación e asesoramento, habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, prospección empresarial, prácticas profesionais non laborais, formación (competencias dixitais, conducción de carretilla elevadodra, manipulador  de alimentos, xestión de residuos, acompañante de transporte escolar, etc).

Facilitarase a existencia de medidas de conciliación para favorecer a asistencia ás accións do programa; ademais, todas as persoas demandantes que participen no programa integrado de emprego, terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa.

Pexels

As persoas desempregadas dos Concellos de Friol, Rábade, Begonte, Cospeito, Castro de Rei, Abadín, Mondoñedo e Outeiro de Rei, interesadas en participar no programa integrado deberán estar desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego Estatal e para participar no mesmo poderán contactar co Concello de Outeiro de Rei, prioritariamente en horario de 9:00h a 15:00h, no teléfono: 663 915 957


Comentar