La Voz de Galicia

A Deputación mellorou traídas de auga en Pol, beneficiando aos 1.700 veciños

Pol

O investimento de 178.782 euros permitiu a contratación de 15 traballadores

29 Dec 2017. Actualizado a las 10:49 h.

O Goberno da Deputación fixo un investimento de preto de 900.000 euros para aos 1.700 os veciños de Pol que se beneficiaron do investimento do executivo provincial, durante ano e medio. O investimento do organismo que preside Darío Campos contribuíu a mellorar a calidade de vida dos veciños deste municipio, como por exemplo as melloras no abastecemento de auga en Caraño e Chain, beneficiando aos 100 veciños desta zona; ou a adquisición de nova maquinaria para o parque móbil, como unha nova motoniveladora.

Sobre a xeración de emprego,  o Goberno Provincial achegou 178.782 euros que permitiron a contratación de 15 traballadores. Trátanse dos fondos dos plans en impulso do emprego que o Executivo da Deputación puxo en marcha para facer fronte ao paro. Con cargo a este investimento contratáronse 4 peóns, entre outros postos.

Servizos Sociais. O Goberno da Deputación presta atención profesional a 11 maiores do Concello, que a Xunta de Galicia non atende, co servizo de Teleasistencia completamente gratuíto. Os veciños de Pol reciben un investimento total en servizos sociais de 45.580 euros.

Mellora de Infraestruturas. Ademais da mellora das traídas en auga en Caraño e Chain, e un deposito de auga en Gomesende, xunto cunha obra en Baille, investíronse 134.728 euros en infraestruturas no Concello de Pol. Con cargo a este investimento tamén se realizou a nova captación de auga do Concello e unha nova dotación de saneamento separativa en Ferreiros.

O executivo provincial tamén financiou a rehabilitación con aglomerado en quente do firme da LU-P-4603, que transcorre en Torneiros, por Hermunde, a Pol, concretamente entre os puntos quilométricos 3,510 e 5,010.

Novas dotacións. O executivo provincial destinou 423.240 euros para novas dotacións neste Concello, para mellorar os servizos públicos dos veciños. Con estes fondos, adquiríronse parcelas para o mellora do viario en Mosteiro, xunto coa adquisición de terreros en Gomesende e Lea, así como nova maquinaria para o parque móbil, como unha motoniveladora, ou o arranxo no centro sociocultural e a biblioteca municipal.

Turismo, Cultura e Deportes. O Executivo Provincial investiu 25.000 euros para impulsar a actividade turística, cultural e deportiva do municipio. Fíxoo para promover a festa do emigrante, que cada ano atrae a centos de visitantes, ou promover eventos culturais como o Dia das Letras Galegas, as festas do Nadal, contacontos, marionetas ou actividades do equipo de fútbol local, entre outras moitas.


Comentar