Novo roteiro por Riotorto e por Meira en homenaxe a Avelino Díaz
Riotorto
A asociación cultural que leva o nome do poeta organizou de novo o percorrido anual
02 Sep 2019. Actualizado a las 18:01 h.
A Asociación Cultural Avelino Díaz segue activa no seu obxectivo de acadar que o poeta que dá nome ao colectivo sexa escollido para protagonizar o Día das Letras Galegas. Un dos actos cos que se lembra a figura do poeta para que a Real Academia Galega lle renda homenaxe un 17 de maio, data desa celebración dedicada a un autor, é un roteiro por lugares de Riotorto e de Meira.
Onte, de novo, houbo un percorrido con saída da Órrea, parroquia de Riotorto onde naceu (1897), e chegada en Meira, onde viviu na nenez e na mocidade. O poeta pasou gran parte da vida en America e morreu en Bos Aires (1971).