Para saír na tele
Opinión
14 Aug 2012. Actualizado a las 07:00 h.
Hai quen compara aos que asaltaron os supermercados de Andalucía con Luis Candelas, el Tempranillo ou Curro Jiménez, bandidos reais ou literarios, que roubaban aos ricos para darllo aos pobres. Craso erro. Estes arriscaban a vida e moitos acabaron axustizados, mentres que e o alcalde de Marinaleda e os seus adláteres non arriscan nada. Aproveitan a debilidade dun Goberno ateigado de problemas para facer á súa maneira campaña publicitaria. Están satisfeitísimos porque conseguiron o que se propoñían: saír na tele e nos xornais, cousa que nunca conseguirían por méritos propios. E de paso, agrediron ás traballadoras que, cumprindo obriga profesional, trataban de impedir o roubo. Poderían axudar aos parados aceptando a iniciativa do Goberno de reducir os salarios de alcaldes e deputados, pero contra iso revolvéronse; só son xenerosos co diñeiro alleo. Todo soa a farsa porque ata foron atacar empresas que, como Carrefour, entregou no 2011 á Federación de Bancos de Alimentos (Fesbal) 2.500 toneladas de alimentos e 21 furgonetas, e como Mercadona que, cando o terremoto de Lorca, enviou 150 toneladas para os damnificados. O que tamén conseguiron foi deteriorar, aínda máis, a xa dabondo maltreita imaxe de España: País de ladróns pensarán por aí fóra. E con razón.