Diálogo e flexibilidade
Opinión
18 Oct 2018. Actualizado a las 10:30 h.
Hai un dato incuestionable: as leis e reformas educativas, non conseguiron, ata hoxe, mellorar a formación dos alumnos. Os diversos informes externos reiteran o fracaso e aumento do abandono escolar. É certo que se avanzou en equidade, democratización e dotación de recursos. Mais non hai correlación positiva cos resultados académicos. Xa que logo, o Goberno debe intentar incidir directamente nas causas do problema. A Lomce ten obxectivos positivos, máis tamén outros mellorables. O ideal tería sido un previo acordo en aspectos que afectan directamente ao rendemento escolar, excluíndo os de forte carga ideolóxica. Pero falta madurez democrática. Tampouco son solución as folgas. A nosa educación necesita moito diálogo e flexibilidade. Non máis tensión da que ven acumulando nos últimos anos