La Voz de Galicia

Lume! Lume!

Opinión

Marina Mayoral

08 Jul 2019. Actualizado a las 05:00 h.

As noticias sobre agresións a mulleres son tan constantes que xa non se consideran noticia. E o mesmo sucede coas estatísticas sobre esta clase de delitos, a pesar de ser realmente alarmantes: as mulleres denuncian en España unha violación cada cinco horas; entre xaneiro e xuño de 2018 denunciáronse 788 e desde o ano 2016 producíronse 104 violacións en grupo.

 

Quizá foi sempre así e a diferenza é que hoxe se denuncia e se castiga.

Violacións no ámbito familiar sempre existiron e son as que máis se ocultan, as que as vítimas se resisten a denunciar, pero agora estendeuse a área de perigo, xa non son as horas da noite ou da madrugada, tras unha festa ou durante ela; xa non é o violador que actúa en zonas solitarias, en canellóns escuros, en pasadizos pouco frecuentados; agora sabemos que o agresor pode ser o profesor, o instrutor de ximnasia, o médico, o cura, o policía, o guardia civil, o xefe, o compañeiro do traballo… calquera home que ao pasar xunto a un portal te empuxa dentro, en pleno día, nun barrio que crías seguro.

Agora sabemos que aos violadores válelles calquera muller: nenas, adolescentes, novas ou anciás de noventa anos, como as violadas nun xeriátrico no 2015.

Ás veces a agresión non chega a consumarse porque alguén intervén, pero en xeral a xente inhíbese; teme ser atacada tamén. As asociacións de defensa da muller recomendan gritar "lume!". É máis eficaz que pedir socorro.


Comentar