La Voz de Galicia

Encontro Mundial de Humorismo

Opinión

Siro

29 Apr 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Son as siglas do Encontro Mundial de Humorismo que, dirixido por Luis Piedrahita, celebra esta semana a terceira edición na Coruña. A de 2022, con máis de sesenta espectáculos, tivo 19.000 asistentes de todas as idades; e na deste ano hainos coas localidades vendidas desde hai meses.

 

A min non me sorprende o éxito do encontro porque, ademais de estar moi ben organizado, os galegos temos tan intensa vivencia do humor que con razón se ten por unha peculiaridade esencial da nosa personalidade. Na Sonata de inverno, o marqués de Bradomín fala cun bispo que tenta convencelo de que escriba unhas memorias que sexan confesión, arrepentimento e exemplo para outros pecadores, pero o marqués respóndelle:

?Yo no aspiro a enseñar, sino a divertir. Toda mi doctrina está en una sola frase: «¡Viva la bagatela!».

E engade:

?Para mí, haber aprendido a sonreír es la mayor conquista de la humanidad.

O bispo, molesto, remata a conversa cunha advertencia:

?Procure no condenarse por bagatela. En el infierno debió haberse sonreído siempre.

E tamén aquí, na Terra, des que sabemos separar o gran da palla na colleita do humor. Sempre haberá inimigos da risa, pero o humor intelixente permítenos tratarmos os temas máis ensarillados, mesmo en materia de fe relixiosa:

Conversaban san Pedro e Xesús na porta do ceo cando o porteiro tivo unha necesidade urxente e Xesús quedou coas chaves. Ao pouco apareceu un velliño que lle explicou:

?Fun carpinteiro e tiven un fillo que amei moito, pero un día marchou polo mundo. Eu busqueino e en todas partes a xente falábame del, pero nunca o atopei. Agora teño a esperanza de velo aquí.

Xesús, emocionadísimo, botouse a el cos brazos abertos:

?Pai!

E o vello, con idéntica emoción:

?Pinocho!

O mesmo ocorre coa homosexualidade, onde tan doado é ferir sensibilidades:

Dous gais viaxan de noite en avión e un proponlle ao outro:

?Botamos un quiqui?

?Pero non ves que o avión vai cheo?

?Dormen todos. Verás.

Ponse en pé e berra:

?¿Alguien tiene un lápiz?

Ninguén contesta.

?Ves como dormen?

Botan o quiqui e cabo dun anaco a azafata fai un percorrido polo avión e ve un velliño tremelicando.

?¿Qué le pasa? ¿Tiene frío? ?pregúntalle.

?Sí ?responde o vello batendo dente con dente.

?¿Pero cómo no pidió una manta?

?¿Una manta??resposta o vello?. ¡Ahí uno pidió un lápiz y le dieron por el culo...!

Non ten volta: o humor é un esperanto entre a xente de boa vontade. Benvido sexa o EMHU.


Comentar