La Voz de Galicia

O golpe do litio

Opinión

Xavier alcalá

22 Jul 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Cando aínda ecoa o recente intento de golpe de estado en Bolivia, nos eidos profesionais da electrónica e da automoción corre que foi provocado polo todopoderoso Elon Musk: as maiores reservas de sales de litio no mundo están en Bolivia, seguidas polas da Arxentina e de Chile. Hoxe o 87 % do litio procesado úsase nas baterías de innumerables aparellos electrónicos e máis nas dos vehículos. O mercado mundial das baterías no 2022 foi de 50.000 millóns de euros e tende aos 180.000 para o 2030.

O petróleo boliviano xa pouco importa fronte á electrificación global. Os laboratorios de electroquímica non paran de traballar nas baterías baseadas en metais tan abundantes coma o sodio ou o aluminio; nin de avanzar cos supercondensadores, que, entre outras vantaxes, teñen a dun tempo de carga «nulo». Sendo a lentitude de carga a maior pexa da batería, velaí o dispositivo que a pode condenar á obsolescencia. Xa veremos.


Comentar