La Voz de Galicia

Guerra de audiencias

Opinión

maría Canosa

27 Sep 2024. Actualizado a las 05:00 h.

A guerra das audiencias non é ningunha novidade.

 

Foi ben sonada a rivalidade entre Ana Rosa Quintana e María Teresa Campos. As raíñas das mañás foron dando paso a outras caras, como a de Susana Griso. Ollo! Que, poñan como se poñan, a inmensa maioría está pendente dos datos que nas entrevistas vai ofrecendo Silvia Intxaurrondo.

Tamén hai guerras entre os informativos. Cren que a fichaxe de Carlos Franganillo, logo de tantos anos, obedece a outros motivos? Non só estamos falando de caras, tamén de contidos. Lembran cando Sálvame barreu toda a programación? A paixón a favor e en contra deste show era igual de intensa. Pois ben. A idea máis estendida aseguraba que era o que o espectador quería.

 

 

Agora o duelo de audiencias chegou ás noites. Moita xente temía o peor. Entrevistas descarnadas, personaxes histriónicos... E, de súpeto, aparecen escritores que falan de ciencia ou neuroloxía, médicos con técnicas revolucionarias para operar tumores, actrices e actores, deportistas... Seguindo a máxima anterior, isto debe ser o que o público demanda, non?

Non todo vale na guerra das audiencias. Nestes últimos meses tamén vivimos episodios lamentables, con convidados, declaracións e hipóteses que só ofrecían morbo, especulacións... Innecesario e degradante. Pode educarse o público, pero este tamén pode educar.


Comentar