La Voz de Galicia

Percorrido polos mundos do escritor Carlos Casares

Ourense

O Centro Cultural José Ángel Valente acolle a exposición da fundación que leva o nome do escritor

02 May 2017. Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Cultural José Ángel Valente amosa o proxecto expositivo comisariado por Chus Martínez Domínguez e Gustavo Garrido. A iniciativa, promovida pola Fundación Carlos Casares, achega ao visitante tanto as facetas máis coñecidas do escritor -a do creador literario ou a de responsábel de Galaxia e o Pen Clube Galicia- como as menos coñecidas ou que se foron esvaendo co paso dos anos -a súa condición de deputado autonómico-. En «Os mundos de Carlos Casares» aparecen as afeccións do creador ao que se lle adican as Letras Galegas 2017, dende a súa paixón pola fotografía ou polos trens á querencia por «O Principiño», documentación inédita vencelladas coas súas obras ou proxectos, os premios e galardóns recibidos, as súas obras infantís ou as reflexións de autores galegos sobre a súa figuras, entre outros materiais.

Ata o día 21 de maio • Centro Cultural José Ángel Valente • Luns pechado •

 


Comentar