La Voz de Galicia

O 90 aniversario da publicación da revista celebrouse cunha sesión da RAG na Deputación

Ourense

31 Oct 2017. Actualizado a las 05:00 h.

A celebración do 2010 marcou un fito na reivindicación da Xeración Nós e a revista do mesmo título. No Concello de Ourense desenvolvéronse varios actos e o salón de plenos da Deputación de Ourense acolleu unha sesión solemne da Real Academia Galega. Exerceu como presidente o titular da mesma, naquela altura Xosé Luis Méndez Ferrín, e compartiu a mesa o responsable da institución provincial -José Luis Baltar Pumar-.

 

Ciclo monográfico en 1995

A laudatio dos persoeiros da xeración e da revista Nós correu a cargo da académica Margarita Ledo Andión.

A Deputación de Ourense xa reivindicara o legado da publicación cun ciclo de conferencias, celebrado no Ateneo, e un acto institucional na casa museo de Ramón Otero Pedrayo. Era o ano 1995 e deste último encontro quedou constancia nunha placa que foi decuberta na fundación de Trasalba.

 

No 2024 ou cidades literarias

A celebración do centenario, outubro do 2020, xa non poderá estar vencellada á capitalidade cultural europea e non podería ser, en caso de conseguilo, ata uns anos despois xa que ao Estado español non lle corresponderá unha cidade cultural ata o 2024.

Un modelo alterantivo podería pasar por esquemas ou propostas vencelladas ao Ministerio de Cultura e á fórmula de «cidades literarias». Daquela si que podería coincidir o chamado «Centenario de Nós» cunha destas iniciativas que ten por obxectivo potenciar o legado e a historia das cidades literarias.


Comentar