La Voz de Galicia

1994: Nós e De Ruada na historia do teatro galego antes do 36

Ourense

Unha tese doutoral presentada en Compostela facía un repaso por tres séculos de escena teatral en Galicia

17 May 2019. Actualizado a las 08:00 h.

Unha tese doutoral presentada en Compostela facía un repaso por tres séculos de escena teatral en Galicia. O traballo fora desenvolvido polo investigador Henrique Rabunhal e centrábase no teatro na comunidade entre os anos 1671 e 1936. Sinalaba o xornalista Joel Gómez, á hora de realizar a información, que «a historia do teatro galego é expresión exacta da historia do país, da súa lingua e da súa cultura» e que para realizar o seu traballo Rabunhal tivo que estudar a decenas de autores e máis dun cento de obras. Entre outras cousas, destacaba o papel xogado polas Irmandades da Fala e os coros históricos no mundo da escena -nomeadamente a Coral de Ruada- e a importancia da Xeración Nós, cos traballos de Risco, o interese de Castelao e o papel de Otero Pedrayo con «A lagarada» e o seu «Teatro de máscaras». Tamén figuraba na tese o traballo de Blanco Amor.


Comentar