«Anatomía dunha serea» abre o programa do Fetega do Carballiño
Ourense
O Festival de Teatro Galego celebra os seus trinta anos de historia
02 Sep 2019. Actualizado a las 05:00 h.
O Fetega (Festival de Teatro Galego) está de celebración e abre a súa edición do trinta cumpreanos coa montaxe «Anatomía dunha serea», proxecto de A Berberecheira-Chévere protagonizado por Iria Pinheiro. A representación comeza ás 22.00 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño. No programa de actividades paralelas haberá varias sesión na rúa de «Vaca», da compañía Barafunda. O Fetega ofrece sesións ata o día 6.