Margarita Ledo presenta no Foro Carlos Velo as imaxes do documental «Galicia» que foron atopadas en Rusia
Ourense
A catedrática de Comunicación Visual da USC participa nos actos no Liceo de Ourense
24 Nov 2021. Actualizado a las 16:32 h.
Hoxe • 20.00 horas • Liceo de Ourense • Na sociedade cultural da rúa Lamas Carvajal estase a desenvolver a segunda edición do Foro Carlos Velo, iniciativa que se enmarca dentro do convenio de colaboración asinado no seu día entre ambas institucións. Logo das proxeccións de «A terra do chicle» —o luns— e «Almadrabas» —o martes— para esta tarde está prevista a presenza de Margarita Ledo Andión para presentar os materiais orixinais de «Galicia» (1936), de Carlos Velo, que foron atopados hai anos nun arquivo de Moscú. O material correspondente á metraxe orixinal de «Galicia» foi localizado por Margarita Ledo Andión entre as máis de catro horas de gravación atopadas polo profesor ruso Vladimir Magidov.
Cuando Margarita Ledo, cineasta e catedrática de Comunicación Audiovisual de la Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, preparaba a súa longametraxe «Liste pronunciado Líster» atopouse coa película «Ispanija». Neste filme de montaxe —rodado durante a guerra civil pola directora soviética Esfir Shub e un dos títulos clave dentro do moito cine que se fixo como apoio á República— aparecen imaxes que pertencen á «Galicia» de Carlos Velo e que non figuran na metraxe que se conserva na Filmoteca de Galicia (antigo CGAI).
Na sesión desta tarde no Liceo, prevista para as 20.00 horas, proxectarase a metraxe orixinal de «Galicia» e os novos materiais atopados en Moscú. Logo do pase haberá un coloquio.
Para clausurar a segunda edición do Foro Carlos Velo contarase coa presenza de Laura Gárdos Velo, presidenta de honor da fundación. Será o día 25, á mesma hora, cando se proxecte o seu documental «Entre dos banderas».