La Voz de Galicia

A visión artística de tres xeracións dunha familia

Ourense

Exposición 3 generaciones en el Marcos Valcárcel.

Joaquín e Sandra Moldes e Raisa Paz expoñen o seu traballo no Marcos Valcárcel

30 Jun 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Ata o 25 de xullo • Marcos Valcárcel • Joaquín Moldes mantivo unha intensa actividade no movemento veciñal de Punxín —cando o conflito polo proxecto da auga— e na vida política do municipio. Na primeira das etapas tamén organizou unha exposición artística coas súas obras no centro de interpretación de San Cibrao de Las. Pasado o tempo foille diagnosticada unha enfermidade neurolóxica, e por recomendación médica centrou a súa actividade na arte. Un aspecto, o creativo, que é un denominador común coa súa filla Sandra Moldes e a súa neta, Raisa Paz. O traballo pode verse na exposición «Tres xeracións, tres miradas», que se amosa dende onte no Marcos Valcárcel. O proxecto foi comisariado por Gonzalo Sellés. Francisco González, director do centro, salientou que é a segunda mostra na que o Simeón «afronta unha visión da arte como elemento terapéutico».

 


Comentar