De recoller a medalla de Galicia a tocar en Ourense
Ourense
Carlos Núñez actou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil
26 Jul 2023. Actualizado a las 05:00 h.
Carlos Núñez continúa xirando coa súa proposta musical «Lugares máxicos». Un día despois de recoller a Medalla de Galicia segue co seu percorrido achegando a súa música a algúns dos espazos emblemáticos e característicos do patrimonio galego. Para festexar o Día de Galicia, Carlos Núñez aterrou no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.