La Voz de Galicia

A Festa do pulpo do Carballiño recupera o desfile de camisetas

Ourense

Concurso de camisetas de la Festa do pulpo

Oitenta grupos optan aos premios do concurso

09 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Día 10 • A partir das 17.00 horas • O Carballiño • A Festa do pulpo carballiñesa creou hai case un cuarto de século unha iniciativa destinada aos mozos da vila. A mesma pasaba por incentivar a participación dos máis novos botando man da súa creatividade e imaxinación. O sábado será o día destinado ao concurso de camisetas da Festa do pulpo e nesta edición volverase a recuperar o desfile dos grupos participantes.

 

Neste 2024 son oitenta as cuadrillas que se anotaron para participar na convocatoria. Os premios ás mellores camisetas serán de 300, 200 e 100 euros; e para o resto de propostas que cumpran os requisitos das bases recibirán unha compensación de 60 euros. O desfile sairá da praza Maior e irá ata a praza da Veracruz, para volver logo ao punto de partida.

As obras a concurso poden estar creadas a base de debuxos, imaxes, tipografías, palabras, frases, números ou calquera outro tipo de elemento gráfico.


Comentar