La Voz de Galicia

Un informe cifra o retorno económico do OUFF nos medios de comunicación en 5,9 millóns de euros

Ourense

Arturo Ripstein recolleu a Calpurnia de Honra Internacional do OUFF 2023

O certame terá lugar este ano entre os días 27 de setembro e o 6 de outubro

22 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O Ourense Film Festival 2023 xerou un retorno económico, a nivel de difusión de imaxe e novas do festival, de 5,9 millóns de euros segundo o informe elaborado pola consultora RedCo3. Dende a organización do OUFF destácase o feito de que o festival se consolida como o evento da provincia —cultural, social ou deportivo— que conta co maior impacto en medios de comunicación e redes sociais. Segundo se recolle no informe de RedCo3 o certame xera «un retorno de 13 euros por cada euro investido do seu orzamento total. Desta maneira o festival de cine consolídase como unha iniciativa que consegue unha gran visibilidade para a cidade de Ourense e a provincia nos medios de comunicación».

Xa nas portas do que será a edición 2024 do OUFF, que será do 27 de setembro ao 6 de outubro, a dirección do certame —que organiza a Fundación Carlos Velo co patrocinio da Deputación de Ourense— destaca o gran éxito da pasada edición e impacto logrado polas actividades do Ourense Film Festival. Un total de setenta e dous filmes proxectados e a presenza de figuras internacionais, como o director Arturo Ripstein, son aspectos destacados no informe.

Entre as iniciativas que xa se foron avanzando para a próxima edición figura a homenaxe a Carlos Velo —co pase dunha copia restaurada de Raíces—, a exposición do fotógrafo Manuel Outumuro e os concursos de apoio aos novos creadores: as convocatorias Fas Muvis e Fas Curtas.


Comentar