La Voz de Galicia

Artesanía, música, teatro e xogos de inxenio figuran na Semana Cultural de Taboadela

Ourense

La Penúltima Sabinera traerá o seu tributo a Joaquín Sabina a Tabodela

As actividades desenvolveranse do 25 ao 31 de agosto e haberá propostas para todos os públicos

24 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Do 25 ao 31 • Taboadela • O municipio de Taboadela celebrará esta próxima semana a quinta edición da súa Semana Cultural. Arrancará o luns, coa Feira de Artesanía que se celebrará na praza do Concello e o xantar popular que está previsto para as dúas da tarde —á beira do Concello—. No mesmo espazo público será concerto do mariachi Mi Tierra —ás oito da tarde—. Os días 26 e 31 haberá representacións escénicas a cargo da Escola de Teatro de Taboadela: «A puta namorada» e «Enleados» serán as obras que se poderán ver na praza do Concello.

 

A música terá unha importante presenza na semana cultural. O 27 haberá concerto de saxofón e clarinete —ás nove e media da tarde—; o 28 actuarán as pandereteiras Os da Rábeda —nove da tarde— e o 29 Leria —dez da noite—, Broken Peach ofrecerá un concerto o 30 —ás dez da noite— e o 31 haberá concerto de La Penúltima Sabinera —ás dez e media da noite—. En todos os casos serán as actuacións na praza do Concello. O 29 haberá xogos de inxenio na piscina e o 30 xornada de paintball no monte San Xoán —en ambos casos ás seis da tarde—. El 28 proxectarase a película «El asombroso Mauricio».


Comentar