La Voz de Galicia

O PSOE ourensán homenaxea ao carácter «rebelde» de Blanco Amor

Ourense

La Voz Ourense
Acto organizado polo PSOE ourensán.

O partido celebrou una xornada en recordo á memoria do autor

15 Sep 2024. Actualizado a las 05:00 h.

A executiva da agrupación local do PSOE ourensán celebrou este sábado unha xornada de homenaxe a Eduardo Blanco Amor. No seu tempo, o autor foi un «rebelde», segundo destacou a concelleira Alba Iglesias. Logo dun acto cultural no que tamén falaron outros dirixentes socialistas, tivo lugar a actuación musical de Éric Dopazo e a proxección da adaptación cinematográfica de A Esmorga que realizou Ignacio Vilar.

«El, que tanto defendeu a nosa cultura e idiosincrasia, alonxándose do conservadurismo, merece que se lle rendan todas as homenaxes posibles ante a pasividade e a indiferenza dos que nos gobernan nunha data tan importante», subliñou a secretaria xeral do PSOE ourensán, Natalia González.


Comentar