La Voz de Galicia

Organizan dúas saídas para avistar cabras montesas no Xurés

Ourense

La Voz Ourense
Imaxe de archivo dunha cabra montesa no Xurés

As asociacións Xesta Brava e Lirios do Xurés propoñen excursións os días 16 e 17 de novembro

07 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O 16 e 17 de novembro • Entrimo • As asociacións Xesta Brava e Lirios do Xurés organizan dúas saídas para avistar cabras montesas neste mes de novembro, aproveitando a época de celo.

A primeira actividade terá lugar o día 16 de novembro. Haberá observacións e tamén aprendizaxe sobre a especie pirenaica. Os guías tamén falarán sobre a flora e a fauna da Serra do Xurés, que acollerá a cita. Será de 10.00 a 16.30 horas e a saída farase dende Entrimo. O prezo é de 30 euros e inclúe o material necesario para a observación.

O segundo avistamento farase o día 17, de 10.30 a 16.00 horas, tamén dende Entrimo. Neste caso trátase dunha camiñata moderada, pensada para desfrutar en familia. Custa 15 euros por persoa. Máis información no teléfono 696 760 910.


Comentar