Convocado o concurso de coplas e maios da capital ourensá
Ourense
As inscricións poderán realizarse ata o 28 de abril
28 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.
Os preparativos para a Festa dos Maios deste ano arrancaron no Concello de Ourense coa convocatoria do concurso, no que se incrementan os premios e axudas. O mellor maio artístico obterá 1.000 euros, o mellor enxebre 700 e as mellores coplas adultas e infantís 500. As inscricións poderán realizarse ata o 28 de abril cubrindo un modelo que pode descargarse na web municipal.