La Voz de Galicia

O Liceo acollerá unha mesa de debate sobre Castelao

Ourense

Miguel Anxo Seixas, biógrafo de Castelao

Miguel Anxo Seixas, Afonso Vázquez-Monxardín e José Manuel Barbosa participarán na mesma

28 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Día 31 • 19.30 horas • Liceo de Ourense • A sociedade cultural da rúa Lamas Carvajal acollerá o luns unha «Mesa debate sobre a figura de Castelao». A actividade desenvolverase con motivo da celebración do 75 aniversario da morte do político e intelectual galego na Arxentina.

 

Na mesma participarán Miguel Anxo Seixas Seoane —presidente da Fundación Castelao—, que falará de «Castelao: arte e verdade»; o catedrático de instituto e exdirector do IES As Lagoas Afonso Vázquez-Monxardín —que abordará a ponencia «Castelao e Ourense»— e José Manuel Barbosa Álvarez —membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa— que se referirá a «Castelao e a lingua». Moderará o debate José Luis Fernández Carnicero e actuará a soprano Mónica Álvarez.


Comentar