La Voz de Galicia

Cine e Abril Oteriano chegan ao programa de Trasalba

Ourense

Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero lembrará nunha conferencia a amizade de Otero e Castelao

04 Apr 2025. Actualizado a las 18:03 h.

Hoxe e os días 5 e 6 de abril • Trasalba e Ourense • Dúas citas ten programadas a Fundación Otero Pedrayo para estas xornadas: a súa nova proposta de proxeccións cinematográficas na sede de Trasalba —este sábado— e a celebración dunha nova convocatoria do Abril Oteriano —que se desenvolverá a próxima fin de semana, concretamente os días 5 e 6 de abril—. No programa audiovisual está prevista para este sábado —18.30 horas— a proxección da cinta «El maestro que prometió el mar», de Patricia Font. A cinta está baseada nunha historia real: a do mestre Antoni Benaiges, que prometeu aos seus alumnos levalos a ver o mar pero non puido por ser asasinado na guerra civil. O Abril Oteriano comezará o día 5, ás 11.00 horas, cunha conferencia de Alonso Montero: «Otero Pedrayo e Castelao nas Letras Galegas: A singularidade dunha amizade fraterna e dunha mutua admiración intelectual». Haberá entrega do Premio Otero Pedrayo de Relato Curto e conferencias de Carlos A. Baliñas, Augusto Pérez Alberti, Malores Villanueva e Antón Vidal. O día 6 haberá misa no cemiterio de San Francisco na honra de Otero Pedrayo.

 


Comentar