La Voz de Galicia

Comando Curuxás participa na presentación de Arteficial

Ourense

Comando Curuxás actuará en el ClavicémbaloComando Curuxás actuará en el Clavicémbalo

A banda ofrecerá un concerto na Madalena de Ribadavia

13 Apr 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Día 12 • 20.00 horas • Igrexa da Madalena • Ribadavia • A próxima edición do Arteficial de Ribadavia xa ten data. Celebrarase o día 6 de setembro na capital do Ribeiro.

 

E como xa é costume, a organización do mesmo ten programado un concerto para presentar o Arteficial 2025. Será este sábado na igrexa da Madalena e para a ocasión contarase coa presenza de Comando Curuxás.

A banda está en plena preparación da súa xira de presentación do novo traballo, «Carne de militancia», e traerá a Ribadavia a súa proposta musical única, que fusiona tradición e modernidade. Na capital do Ribeiro Comando Curuxás presentará en directo os dez novos temas do seu álbum.

Ao rematar a actuación haberá foliada aberta no local social de A Madelena.


Comentar