La Voz de Galicia

Bande acolle unha nova edición da Festa do peixe

Bande

Concello de Bande con motivos da Festa do peixe

Música, deporte, postos de comida, exhibición de patinaxe e campionato de pesca forman parte do programa

24 May 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Do 24 ao 26 • Todo o día • Bande • Máis de medio século leva Bande sendo punto de encontro para os pescadores e para as persoas que se achegan ata o municipio para disfrutar da gastronomía asociada aos ríos da comarca. A Festa do Peixe comeza esta tarde e as actividades desenvolveranse durante toda a fin de semana. Música, deporte, postos de comida, exhibición de patinaxe e campionato de pesca serán parte das citas que se desenvolverán durante estes tres días. Ás oito e media da tarde será a inauguración oficial, con actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación e pregón a cargo do actor, humorista e presentador Isi. Logo actuará a charanga Bicoia e despois DJ Tibu e DJ Giovanni. Haberá, como todos os días, postos na praza da Constitución para degustar os mellores pinchos.

O sábado arrancará co pasarrúas da Charanga de Bande (dez e media da mañá) e pola tarde haberá exhibición de patinaxe (catro e media), entrega de premios do concurso Peixiños e espectáculo «O león azul» (a partir das sete) e pola noite verbena con Los Españoles e logo animación coa disco móbil DMR. O domingo celebrarase o campionato de pesca (oito da mañá) e haberá procesión e misa á unha da tarde. A charanga Támega actuará ás seis e haberá degustación de peixe a partir das sete e media da tarde.


Comentar