La Voz de Galicia

Polémica pola presenza do teatro galego en Ribadavia

Barbadás

En 1998 Roberto Vidal Bolaño e Rubén García discrepaban sobre a programación de obras de Galicia na MIT

26 Jul 2018. Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia estaba a se desenvolver cunha ampla presenza de público e unha importante repercusión mediática. Referencias á xornada, cunha sesión adicada á historia do cine e a Praza Maior chea de xente, e a crítica de Camilo Franco eran algunhas das informacións referidas á MIT ese día. E tamén unha sección na que baixo o epígrafe de «Controversia» asinaban artigos o actor, dramaturgo e director Roberto Vidal Bolaño e Rubén García, responsable da Mostra. No seu texto Vidal Bolaño poñía en cuestión o rigor e o criterio para seleccionar as obras da MIT, criticaba a escasa presenza do teatro galego na programación -e mesmo o criterio para a elección dalgunha das montaxes- e que exercese de pregoeiro o conselleiro de Cultura, Pérez Varela. Rubén García sinalaba que a MIT tiña un prestixio máis que demostrado, que se traballaba con rigor e criterios de calidad, cunha aposta pola internacionalización e cunha media de tres obras galegas.

 


Comentar