Grupos de Barbadás e Cambre para a mostra do Carballiño
Barbadás
O Auditorio Manuel María acolle as representacións da Mostra de Teatro Amador
19 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Días 19 e 20 • 20.00 horas • Auditorio Manuel María • O Carballiño • Dúas novas entregas para esta fin de semana na Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón do Carballiño. Con protagonismo para grupos de Cambre e Barbadás. Este sábado estarán sobre o escenario do Auditorio Manuel María os actores de Camtheam, de Cambre, coa súa montaxe «Veredicto», de Antonio Sala. A montaxe é unha reflexión, en clave de comedia, sobre a procura da liberdade a través de catro personaxes femininos. Dende Barbadás chegará o domingo The Sastre coa comedia «Deus non quere calderilla», escrita e dirixida por Andrés RC. Yáñez. A obra conta a historia das irmás Raquel e Salomé, que se empregan para riparlle os aforros a Mateos para darllos de esmola á igrexa.