La Voz de Galicia

A Coral de Ruada lembrará a Virxilio Fernández en Beade

Beade

Concierto de la Coral de Ruada en la catedral de Ourense

Unha placa lembrará ao que fora fundador da coral na súa casa natal 

10 Apr 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Día 14 • A partir das 11.30 horas • Beade • A Coral de Ruada renderá homenaxe este domingo a un dos seus principais fundadores. Os actos en memoria de Virxilio Fernández González desenvolveranse en Beade, o seu municipio de nacemento.

 

As actividades comezarán ás once e media da añá, co descubrimento dunha placa na casa natal do que fora fundador e membro destacado da coral ata comezo da década dos 60 do pasado século.

De seguido, ás doce, oficiarase na igrexa parroquial de Santa María unha misa cantada pola Coral de Ruada. Ao rematar a formación, baixo a dirección de Jesús Alfonso González Selas, ofrecerá aos asistentes unha pequena mostra do seu repertorio de música popular e polifónica galegas.


Comentar