La Voz de Galicia

Castro Caldelas entrega os premios do Foro do Bo Burgo

Castro Caldelas

La Voz Ourense
Acto da entrega de premios Foro do Burgo en Castro Caldelas.

Acisclo Manzano, Rosario Álvarez, José Manuel Piñeiro, Mario García e Pili Pampín son os distinguidos deste ano

16 May 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Salón nobre do castelo de Castro Caldelas • 18.00 horas • O Concello de Castro Caldelas entrega os premios do Foro do Bo Burgo, que nesta segunda edición destacan ao escultor Acisclo Manzano, á presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, ao presentador José Manuel Piñeiro, ao deputado no parlamento de Cataluña Mario García e á cantante Pili Pampín.

Todos eles recibirán un cadro da artista Maite Vázquez.

Inicialmente estaba previsto que o acto se celebrase na igrexa de Santa María do Bo Burgo, como así se fixo na primeira edición o pasado mes de novembro, pero trasladouse de ubicación pola previsión de mal tempo.

O acto estará amenizado pola cantante AriMagritte e rematará cun viño da Ribeira Sacra, petiscos e bica manteigada.

 


Comentar