Apoio á loita contra o sarcoma en Celanova
Celanova

A Casa de Curros acolleu a presentación dun libro con testimonios de enfermos
29 May 2022. Actualizado a las 05:00 h.
A horta da palabra da Casa de Curros en Celanova colleu este sábado a presentación do libro El sarcoma día a día contado coa participación da coautora Carolina Castiñeiras Brandón, fundadora da Asociación Sarcomas de Galicia (Asarga). O acto de carácter divulgativo estivo presentado pola fisioterapeuta celanovesa Guadalupe Prado Fidalgo e contou coa presenza do rexedor municipal Antonio Puga. A librería Conde de Celanova participa de xeito altruista na venda deste libro solidario para apoiar a primeira bolsa de investigación do sarcoma de Galicia co apoio do Hospital Vall d'Hebrón de Barcelona. Ao acto acudiron tamén representantes de colectivos sociais de Celanova como Cruz Vermella ou a asociación de mulleres rurais Maravalla.