Corenta nenos gozan de actividades lúdicas e montan a cabalo no campamento de Coles
Coles
A proposta forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia
25 Jul 2023. Actualizado a las 05:00 h.
Ata o vindeiro 28 de xullo desenvolverase no albergue Equal de Coles o Campamento de verán Hípica e Teatro, no que participan corenta nenos entre 9 e 12 anos de idade.
Os inscritos gozarán de actividades de danza moderna, flashmob, coreografía e xogos teatrais, rutas, obradoiros de ecoloxía, obradoiros de reciclaxe creativo e pequenas intervencións creativas na natureza. Tamén se divertirán con xogos populares, xincanas disfraces, grandes xogos, veladas, e realizarán actividades de hípica, excursión á aldea de A Barra e piscina.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao albergue e veu como se divertían os protagonistas do campamento (31 nenas e 9 nenos), dos que 11 chegan da provincia da Coruña (Santiago de Compostela 6, Bergondo 1, Abegondo 1, Oleiros 1, A Coruña 1, Cambre 1); 17 de Pontevedra (Cangas 1, Vigo 7, Vilagarcía de Arousa 1, Moaña 2, Pontevedra 5, A Garda 1); 4 da provincia de Lugo (Lugo 3, Castroverde 1), e 8 desde Ourense (7 da capital provincial e un do Pereiro de Aguiar). A proposta forma parte da campaña de verán da Xunta de Galicia, que oferta en concellos de toda a provincia de Ourense máis de 1.500 prazas,