O Carballiño mellorará o acceso e o aparcamento das piscinas municipais
O Carballiño
O Concello adxudicou obras por case cen mil euros na vila
25 Oct 2020. Actualizado a las 05:00 h.
A mellora da pista de acceso e do aparcamento das piscinas municipais, é un dos tres lotes de obras que adxudicou este venres o Concello do Carballiño por un importe global de máis de 92.000 euros.
Este proxecto, que acondicionará e asfaltará tanto o firme do camiño de acceso dende a ponte de Veiga como do aparcamento, enmárcase nos Plans Provinciais 2020, e foille adxudicado á empresa constructora Fechi por un importe de 27.637 euros, ive incluido. O prezo da licitación era de 36.000 euros.
Fontes municipais explicaron que "trátase dunha obra moi necesaria para esta instalación municipal que, durante a tempada de verán rexistra unha gran afluencia de vehículos, e ata agora era unha pista mal acondicionada, así como a zona de aparcamento, e que con esta mellora cambiarán moi significativamente".
Outra obra no ámbito do rural é a mellora do firme da estrada entre Mudelos e Paciños, ata a zona da Carballeira. O proxecto, que se enmarca tamén nos Plans Provinciais 2020, foille adxudicado á empresa contructora Fechi por un importe de 45.090 euros, ive incluido. O prezo de licitación desta obra era de 60.000 euros.
Finalmente, o Concello adxudicou á empresa constructora Vale a obra de mellora do firme de Pol a Zafra, que se enmarca no Plan de Mellora de Camiños Agader, da Xunta de Galicia, por un importe de 27.442 euros, ive incluido. O prezo de licitación era de 36.000 euros.