La Voz de Galicia

O Carballiño escenifica a baixada da Pepa Loba

O Carballiño

Pepa Loba en O Carballiño

A recreación da presenza da bandoleira en Flores estará a cargo do grupo Dar Trela

07 Sep 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • De 12.00 a 23.00 horas (baixada ás 20.00 horas) • Barrio de Flores • O Carballiño • Conta a lenda que a famosa bandoleira galega Pepa Loba adoitaba agocharse no barrio de Flores do Carballiño nas súas incursións por toda Galicia. E foi no mesmo conxunto de casas do núcleo que deu orixe á vila onde no seu día crearon a Feira festa da Pepa Loba. As actividades comezaron onte e rematarán co xantar de confraternidade do domingo. A representación da baixada da bandoleira a Flores, cita destacada do programa, será escenificada esta tarde polo grupo de teatro Dar Trela.

 

Durante toda a xornadas haberá demostración de oficios ao vivo, obradoiro de cestería, campionato de brisca e proxección de cine, entre outras cousas.


Comentar