La Voz de Galicia

Celebración do magosto e recoñecemento veciñal en Parada de Sil

Parada de Sil

Magosto en Sacardebois, Parada de Sil

En Sacardebois levan 45 anos xuntándose para gozar da festa das castañas asadas

11 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Por toda a provincia de Ourense se están celebrando as convocatorias da festa dos magostos. Unha celebración que este ano se prolonga durante tres días, ao coincidir a data propia da cita tradicional -o 11 de novembro- en luns. En Sacardebois, no municipio de Parada de Sil, a xornada foi de festa por partida dobre. Corenta e cinco anos levan organizando o magosto e máis de trescentas persoas se xuntaron para conmemorar a data. Vinte quilos de chourizos, castañas e viño animaron aos participantes, que tamén se fartaron de bailar. 

A convocatoria serviu tamén para ter un recoñecemento para dous veciños do pobo de Sacardebois. Francisco Javier Sánchez González e Manuel González Diéguez foron os responsables de que se celebrase aquel primeiro magosto e o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, e a presidenta da asociación de veciños, Yolanda García, foron os encargados de entregar os agasallos conmerativos aos homenaxeados. Na celebración tamén estivo presente o concelleiro de Cultura do Concello de Parada de Sil, Francisco Magide


Comentar