Excéntricas pecha a MIT coa súa proposta de Valle-Inclán en galego
Ribadavia
O Mago Teto ofrece dúas sesións do seu espectáculo «O afiador»
24 Jul 2017. Actualizado a las 05:00 h.
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia vive a xornada de clausura e faino coa montaxe A cabeza do dragón, de Producións Excéntricas. A MIT apostou polo proxecto da compañía de adaptar a peza de Valle-Inclán e incorporar ao autor ao galego e o grupo foi galardoado pola organización da Mostra co premio Roberto Vidal Bolaño. A proposta escénica dirixida por Quico Cadaval representarase esta noite no Auditorio Rubén García (23.00 horas).
A Mostra concedeulle o galardón a Excéntricas por incorporar a obra de Valle-Iclán ao galego ao dar resposta este proxecto a unha reivindicación histórica que se foi adiando no tempo -pola negativa dos herdeiros a autorizalo-e que só foi posíbel facelo unha vez que prescribiron os dereitos de autor sobre as obras de Valle-Inclán.
Dous pases do Mago Teto
E antes, a MIT propón dúas sesións da montaxe
O afiador
. O Mago Teto estará coa súa obra en Sampaio e Santo André, ás 19.30 e 21.00 horas.