Verín acolle unha nova edición da Festa da Cervexa
Verín
A cita será os días 11 e 12 na zona de A Preguiza
08 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Días 11 e 12 • Venres: de 19.00 a 02.00 horas. Sábado: de 12.00 a 16.00 e de 19.00 a 02.00 horas • A Preguiza • Verín • Na fin de semana o protagonismo na capital do Támega será para unha nova edición da Festa da Cervexa. Na zona verde da Preguiza contarase con máis de vinte variedades de cervexas nacionais e internacionais. Tamén haberá un importante abano de propostas gastronómicas: serán dez postos de comida, dúas furgonetas e churraría. Os asistentes á festa poderán degustar unha ampla oferta que vai do polbo e as empanadas artesás ás pizzas, tortas ou filloas. A cuarta Festa da Cervexa de Verín tamén contará cunha zona de inchables para os máis cativos.
The Tetas Van e Gin Toni’ s protagonizarán os concertos do venres e o sábado.