La Voz de Galicia

O pobo de Padroso homenaxea ao seu carballo centenario

Xunqueira de Ambía

La Voz Ourense
Imaxe dun encontro no carballo de Padroso organizada por Bieito Ledo

O editor Bieito Ledo organiza a terceira edición desta cita cultural

13 Jul 2024. Actualizado a las 16:33 h.

Hoxe • Ás 13.00 horas • Xunqueira de Ambía • Por terceiro ano consecutivo, o escritor e editor Bieito Ledo logrou manter viva unha iniciativa que quere convertir en tradición. Trátase dunha homenaxe ao carballo centenario de Padroso, en Xunqueira de Ambía. No 2023 o autor conseguiu convencer a trinta compañeiros para dedicarlle un libro ao carballo. Este ano ve a luz unha nova publicación na que participaron 35. Entre eles, María Xosé Porteiro, García Teijeiro ou Monxardín. «E moita xente nova. Unha das milagres do carballo é que xunta a distintas xeracións. É un símbolo magnífico do noso medio ambiente», di Ledo. 

A homenaxe será este sábado. Haberá recital e música e logo tocará xantar.


Comentar