A proxección de «O gran camiño» inaugura o Ciclo Mestre Mateo en Raxó
Pontevedra
26 Mar 2022. Actualizado a las 05:00 h.
Coa proxección simultánea de O gran camiño (20 horas) no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó (Poio), no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados, no Multiusos de Soutelo de Montes e na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas arranca esta tarde o primeiro Ciclo Mestre Mateo. Trátase dunha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para dotar dunha programación audiovisual estable de cinema en galego a este concellos galegos máis Redondela.
Deste xeito, os concellos acollerán cada mes os pases das películas premiadas e finalistas nas categorías de longametraxes e documentais dos Premios Mestre Mateo 2022. Os filmes son, na categoría de longametraxes, a premiada Tres, amais de Cuñados, Jacinto e Malencolía. Mentres que tamén se exhibirán os documentais, ademais de O gran camiño, A virxe roxa, que gañou o premio, A poeta analfabeta e Welcome to ma maison. O gran Camiño é un documental narrado en primeira persoa polos realizadores Alba Prol Cid e Raúl García.