Tanxugueiras e La M.O.D.A. poñen o broche al SonRías Baixas de Bueu
Pontevedra
O cartel deste sábado completase coas actuacións de Arnau Griso, Eskorzo, Sara Hebe, Suu e Balkan Paradise Orchestra
05 Aug 2022. Actualizado a las 18:58 h.
O festival por antonomasia do Morrazo, o SonRías Baixas de Bueu, chega ao seu fin e o fai por todo o alto, cun cartel onde sobresaen dous nomes, os de Tanxugueiras, que veñen de poñer en pé ás preto de corenta mil persoas que acudiron a Castrelos, e La M.O.D.A., que presentará o seu novo traballo discográfico, Nuevo Cancionero Burgalés, na que será a súa única cita na provincia de Pontevedra deste verán.
Xunto a eles, o cartel deste sábado completarase coas actuacións de Arnau Griso, no que será o seu derradeiro concerto en Galicia; Eskorzo, un referente do movemento mestizo en España e que celebra o seu vinte e cinco aniversario; Sara Hebe, para quen o SonRías é a súa única data confirmada na comunidade este verán e na que presentará o seu último disco, Sucia Estrella; Balkan Paradise Orchestra, unha big band formada integramente por mulleres con presenza predominante dos instrumentos de vento e percusión; e Suu, considerada pola crítica especializada coma unha das novas voces catalás máis destacadas da actualidade e que chega a Bueu co seu novo traballo, Karaoke.
A todos estes nomes habería que sumar os de Grande Amore e La Duendeneta, protagonistas da sesión vermú da xornada deste sábado.
Estes concertos porán o broche a tres intensos días que traerán a Bueu «un cartel ecléctico, festivo e dinámico» no que compartiron espazo nomes tan recoñcecidos como os de Kase.O, Rayden, Ciudad Jara, Sofía Gabanna ou García Mc & Nación Quilombo, entre outros moitos. Deste modo, mantívose a filosofía de combinar artistas xa consolidadas con bandas emerxentes achegando o festival a todo tipo de públicos ao apostar por distintos estilos, dende o rap e o rock ata as músicas de raíz ou o pop.
Tal e como destacou na presentación do SonRías Baixas, o seu codirector, Jordi Lauren, foron «tres xornadas intensas de música, gastronomía, praia e lecer no corazón das
Rías Baixas», de tal modo que «pon en valor o territorio como destino turístico, musical e cultural» ao que asistiron milleiros de afeccionados á música en directo.
Neste sentido, a tamén codirectora, Berta Domínguez resaltou o feito que é un dos festivais galegos «que cada ano suma máis público novo», polo que para moitos asistentes o de este ano será o primeiro festival ao que acudan na súa vida.
Horarios e escenarios
En todo caso, o certo é que a edición deste ano supón a recuperación do gran formato, que implicou a instalación de dous escenarios. Por unha banda, o de Turismo Rías Baixas, no que hoxe actuarán Balkan Paradise Orchestra (21.10 horas), Suu (23.20 h.) e Sara Hebe (1.50 h.), e, por outro, o do Xacobeo 21-22, coa presenza de Arnau Griso (20 horas), Tanxugueiras (22 h.), La M.O.D.A. (0.20 h.) e Eskorzo (2.50 h.) como gran final de festa.