La Voz de Galicia

Los Planetas protagonizan a primeira das grandes actuacións das festas de Pontevedra

Pontevedra

A cita é na Praza de España a partires das 22.30 horas

13 Aug 2022. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 22.30 horas • De balde • Praza de España • O desta noite é un dos concertos máis esperados das Festas da Peregrina, o de Los Planetas. A banda granadina aterra nas Festas da Peregrina de Pontevedra co seu décimo disco de estudo, Las canciones del agua, que saíu publicado a principios de ano e que toma o título dun dos versos de El manantial, poema de Federico García Lorca escrito en 1919 e que Los Planetas musican no tema co que abren este novo traballo.

En total, nove cancións nas que se observan una clara separación entre as catro primeiras que teñen como epicentro a Granada —ademais do tema de apertura, están Alegrías de Graná, así como Se quiere venir, onde versionan ao trapero Khaled, pero tamén La morralla, de Carlos Cano—, mentres que as cinco restantes son composición que xurdiron durante a pandemia do covid-19


Comentar