La Voz de Galicia

Convocada unha asemblea en Amil polos tres polígonos eólicos no Acibal

Pontevedra

L. Penide L. Penide

Están proxectados dezaoito muíños xeradores de electricidade de douscentos metros de alto

26 Feb 2023. Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo, a partires das 18.30 horas, hai convocada unha asemblea na Casa do Pobo de Redonde para abordar a situación xerada polos parques eólicos de Acibal, Anduriña e Zudreiro no monte Acibal. Os impulsores inciden en que son tres os parques eólicos proxectados que implican a instalación de dezaoito muíños xeradores de electricidade de douscentos metros de alto, de tal xeito que toda a contorna quedará rodeada por estas instalacións ou polas torretas das liñas de alta tensión.

Neste sentido, precisaron que espazos tan singulares, como o Santuario dos Milagres de Amil ou mesmo o curro desta parroquia, así como numerosas vivendas e propiedades privadas quedarán afectadas por estes tres parques eólicos. «Terán iluminación nocturna parpadeante en varios niveis», así como «o seu ruído continuo escoitarase día e noite», engadiron, ao tempo que precisaron que o prazo para facer alegacións rematará o vindeiro 8 de marzo.


Comentar