Un libro afonda nos proxectos de progreso galegos truncados polo golpe de 1936
Pontevedra
O Pasado Por Vir II. Un Tempo Posible será presentado este mércores
01 May 2023. Actualizado a las 11:27 h.
Co título de O Pasado Por Vir II. Un Tempo Posible, a Deputación de Pontevedra, a través do seu departamento de Memoria Histórica, recolle nun libro unha serie de «proxectos de progreso desenvolvidos na Galiza de principios do século XX, pero truncados polo golpe do 1936». Deste xeito, a publicación, que será presentada este mércores pola tarde no Pazo Provincial, inclúe artigos sobre a Misión Biolóxica, Zeltia, Cerámicas Celta, Os fillos do Sol, a arte, o cinema, a Unión de Mulleres Antifascistas de Vigo e escritos sobre figuras relevantes como Urania Mella ou Alejandro Viana.
Esta obra continúa a senda aberta por O Pasado Por Vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo, editado a mediados de 2021 con artigos que falaban sobre a loita sindical, a agraria, o xurdimento do nacionalismo, a aposta polo ensino ou a incursión da muller no deporte e ao seu protagonismo na propia recuperación da memoria. Este novo traballo supón, en palabras da deputada de Memoria María Ortega, «afinar un pouco máis a imaxe e pousar o obxectivo sobre proxectos concretos, algúns xa enxergados naquel primeiro debuxo de trazo groso».
Na presentación estarán, entre outros, autoras Margarita Ledo e Xaime Toxo, así como programouse a actuación musical de MJ Pérez.