La Voz de Galicia

O mago Pedro Volta pecha a xornada do sábado do Salón do Libro de Pontevedra

Pontevedra

L. Penide

09 Mar 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O programa deste sábado da vinte e cinco edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten como fío condutor A Maxia, arranca ás 11.30 co obradoiro Contas moito a cargo de Taller Abierto, mentres que no Recanto de Arte e Maxia, Itziar Ezquieta levará As cousas que non vemos. Ás 12 horas, triplo cita con Sonsoles Penadique e Carla Cecilia Riquelme e os seus Animais EnCantados, un espectáculo de danza e música para bebés que terá outras dúas sesións ás 17 e ás 18.30 horas; Leucoiña Pasea, por la súa banda, propón un roteiro de pistas con Na procura do alicornio; e, de igual modo, desenvolverase a homenaxe dos 25 anos de centros de ensino no Salón. Trátase dun acto guiado por Andrea Bayer e Xacobe Rodríguez e contará con Shi Quartet e o Coro Infantil e Xuvenil Luis García Limeses.

Ramón Leiro

Ao fío das 12.30 horas, Angeles Goás leva Un saco de contos como anticipo da programación vespertina. Esta comezará ás 17 horas cun obradoiro que mestura cociña e contos da man de Reviravolta e a súa Máxica cociña: madalenas con sorpresa. A esa mesa hora e ata as 19.30 horas, o Rodalibros do Salón visitará a contorna da praia fluvial de Ponte Sampaio, ao tempo que Gaia Escola de Música tamén dará inicio a seu show A maxia da música nos contos.

Ramón Leiro

Ás 18 horas, A Reixa Producións trae ao Salón o seu espectáculo de contos e música Little neno descobre os Rolling Stones, mentres que, apenas unha hora máis tarde, o responsables do Museo do Videoxogo (MUVI) desenvolverán o obradoiro A maxia dos videoxogos.

Ramón Leiro

E como remate da xornada, Pedro Volta amosará, a partires das 19 horas, o poder da maxia e do ilusionismo co seu espectáculo Ilusionante.

Moitas destas actividades requiren de inscrición previa ou, incluso, da adquisición dunha entrada para poder asistir como público.


Comentar