La Voz de Galicia

O Salón do Libro Infantil máis máxico chegou ao seu remate

Pontevedra

Imaxe dun dos espectáculos de maxia na xornada de peche do Salón

Un espectáculo musical foi o colofón dunha nova edición existosa do Salón

18 Mar 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo pechou as súas portas o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Atrás quedaron 17 días de intensa actividade en torno ao mundo da literatura e da maxia, que era o eixo condutor da edición deste ano que foi a número 25.

A xornada deste domingo botou a andar con Tatatachán de Pavís Pavós, o espectáculo para bebés Patapatúm do Mago Paco e o espectáculo Magos e magas na literatura da man de Magía en la Manga.

Na tarde, tiveron lugar unha chea de actividades moi máxicas como o obradoiro de cociña no que Reviravolta elaborou panellets nunha última chiscadela ao país convidado, Cataluña, e Magia en la maga aprendeu á cativada algúns dos segredos que todo gran ilusionista debe coñecer.

O salón pechou cun espectáculo propio: Rockus Pocus do alumnado de entre 4 e 12 anos do obradoiro musical do Concello de Pontevedra. A través de catro contacontos apoiados por diferentes vídeos protagonizados polo propio alumnado e familias, e as actuacións musicais ao vivo da rapazada, o espectáculo fixo un repaso sobre a historia de personaxes reais como Marie Leveau, coñecida como a raíña do vudú, Rasputín, as meigas de Salem e María Soliña e o ilusionista e cineasta Georges Méliès. Entre o repertorio musical o público puido gozar con temas de Abba, Red Hot Chili Peppers, Boney M, Annie Lennox, Tino Casal, Sinatra ou Smashing Pumpkins. Un broche de ouro musical para o Salón do Libro más máxico.


Comentar